Este edificio indiano coñécese como A Torre dos Moreno. A que se debe o seu nome?
O emigrante ribadense José María Alonso Trelles y Jarén foi considerado un dos escritores máis representativos das letras uruguaias. Cal era o seu pseudónimo?
Unha das principais rúas de Ribadeo leva o nome dun famoso filántropo, que dende Rinlo emigrou a Cuba. Esta rúa é coñecida como?
Pode ser que os indianos tiveran algo de ostentosos, é certo, mais tamén foron persoas solidarias co seu pobo. Coas súas doazóns levantáronse escolas, centros culturais e de lecer, creáronse servizos e infraestruturas, etc. Cales de estes edificios ribadenses foron levantados gracias a súa filantropía?
Ribadeo é o Concello galego con máis…
Que barrio de Ribadeo se coñece actualmente como o Barrio Indiano?
En que parroquia ribadense se atopa a casa de Don Inocencio?
O chamado Parque de Indianos foi proxectado para honrar a memoria dos emigrantes ribadenses, fosen ou non afortunados e regresaran ou non. Sabes en que rúa de Ribadeo o atopamos?
A Casa do Óptico, erixida a principios do século XX, destaca polo gurugú ou miradoiro que a coroa. Este edificio hoxe en día alberga?
Claro exemplo do mecenado que exerceron numerosos emigrantes galegos nos seus municipios de orixe é un centro que aínda hoxe, funciona e alberga unha escola de capacitación agropecuaria, tal e como dispuxera o seu benfeitor. A que centro nos estamos a referir?
Construída en 1926, constitúe o máis completo expoñente da influencia norteamericana nos criterios construtivos dos indianos. O seu promotor foi Manuel Fernández López que emigrou a Florida, onde foi deseñada esta casa e de onde importou varios materiais. Sabes dicirnos o seu nome?
O Cemiterio da Devesa foi financiado por emigrantes que fixeron fortuna, un paseo por este camposanto permite comprobar a influencia dos criterios indianos, neste caso con clara vocación de eternizarse. Nel sitúase o mausoleo dun dos seus benfeitores.
O Círculo Habanero foi promovido como edificio social e centro de recreo e cultura. Saberías dicirnos en que parroquia ribadense se atopa?
Icona arquitectónica de Rinlo, no punto máis alto desta casa instalouse o primeiro faroguía privado do Cantábrico. De que casa indiana estamos a falar?
A Casa da Axudantía, mandada construír en 1886 por Francisco López García, atópase no barrio de San Roque? O seu nome obedece a que…?