Trivial Ribadeo é unha modesta versión deste famoso xogo. Un xogo interactivo co que se pretende achegar á xente que nos visita e á cidadanía en xeral coñecementos básicos acerca da historia e da cultura do Concello de Ribadeo. Foi desenvolto polo área de turismo do Concello de Ribadeo, un pequeno gran de area para axudar a levar da mellor maneira posible esta época de confinamento que a sociedade está a vivir por mor do COVID-19.
NÚMERO DE XOGADORES:
De 1 a toda a familia.
DURACIÓN APROXIMADA DO XOGO:
A que se estimes oportuna
IDADE MÍNIMA RECOMENDADA: 6 anos
TIPO: Xogo interactivo
XÉNERO: Familiar
IDIOMA: Galego (para o enriquecemento cultural)
MARCA: Concello Ribadeo
COMPOÑENTES DO TRIVIAL RIBADEO
REGRAS PARA XOGAR AO TRIVIAL RIBADEO
Na páxina de inicio poderás atopar tres seccións, cada unha delas referente a un período diferente da nosa historia. Os xogadores/as comezan elixindo unha sección, a partir de aí vanse movendo para acertar o maior número de preguntas. Finalmente acaban o xogo coa sensación de estar adquirindo novos coñecementos ou refrescando os xa existentes. O importante non é ganar, o realmente importante é APRENDER XOGANDO.
DECIDIR SE SE XOGA DE FORMA INDIVIDUAL O EN EQUIPA
Trivial Ribadeo está deseñado para xogar todao os equipos que queiran sumarse a esta iniciativa. Os equipos poden estar formados por unha persoa ou por unha familia ao completo.
O xogo en familia é un pouco máis informal e pode funcionar se queres reunir a todos os membros da mesma.
REGRAS ESPECIAIS
Antes de empezar a xogar, débese averiguar se se quere xogar con algunha regra especial. Por exemplo, é posible que se desexe establecer un límite de tempo para responder ás preguntas. Se se establece un límite de tempo, hai que asegurarse de ter á man un temporizador.
Nos aconsellámosche establecer a regra da DIVERSIÓN, sen presión de tempo nin condición.
ELIXE A SECCIÓN DO TEU TOKEN
Hai que elixir unha sección, poderás atopar tres temáticas diferentes: O Ribadeo Ilustrado, O Ribadeo Indiano e O RibadeoxqSi.
Cada sección ten a súa particularidade, a través da mesma irás refrescando ou aprendendo un pouquiño máis sobre Ribadeo.
Cada sección inclúe dúas fases con diferentes grados de dificultade. Fase de iniciación e fase de perfeccionamento.
ELIXE UNHA FASE
Cada fase está formada por 15 preguntas, e en cada unha delas poderás atopar 3 respostas. Só unha é a verdadeira. Despaciño, pensa e elixe ben 😉
QUEN EMPEZA A XOGAR?
Non existe orde establecida, cada equipo ou concursante elixe como empezar.
CATEGORÍAS DAS SECCIÓNS
INSTRUCCIÓNS PARA XOGAR AO TRIVIAL
A continuación explicámosvos como se desenvolve o xogo.
Acende o teu ordenador/portátil, tableta ou móbil, conéctate á internet e abre un buscador, escribe trivial.turismoribadeo.gal. Na túa pantalla aparecerá a páxina de inicio, nela atoparás tres seccións, elixe unha delas e comeza a xogar.
Se te desconectas, tranqui ….volvemos a empezar.
QUE PASA SE SE ACERTAN AS RESPOSTAS?
Se acertas todas as respostas da fase de iniciación, parabéns, xa estás preparado para continuar, pasarás á segunda fase: a de perfeccionamento.
Se te equivocas, non pasa nada, podes ir á páxina de turismo.ribadeo.gal e alí atoparás moitas das respostas.
SEGUIR XOGANDO ATA CHEGAR AO FINAL
Cando chegues ao final, saberás un pouquiño máis sobre a historia do noso Concello.
Se es de fóra, seguro que che apetecerá visitarnos, por primeira vez ou de novo se xa nos coñecías.
Se es de Ribadeo, cando pase o confinamento e volvas a pasear pasees polas rúas do teu pobo será todo diferente.
Por último, cando remates de xogar, se o consideras interesante compárteo cos demais, familia, amigos/amigas, compañeiros/as de traballo, etc..…
Todos/as os/as que queirades poderedes entrar no sorteo dunha cea gratuita (con importe 15€/persoa nun dos establecementos do noso concello, cando pase esta crise). Máximo 6 persoas. Para entrar en concurso deberedes indicarnos o correo electrónico mediante o formulario de participación.
EDICIONS ESPECIAIS DE TRIVIAL
Existen decenas de edicións especiais de Trivial Pursuit, a continuación un pequeno exemplo:
Oficina de Turismo
Plaza de España 27700 Ribadeo, Lugo
Teléfono: 982 12 86 89
turismo@ribadeo.org